TRADUCIÓN DE 'O CONTO DA CRIADA'

A máis célebre distopía antipatriarcal de Atwood, en galego

A máis célebre distopía antipatriarcal de Atwood, en galego
Fotograma da teleserie sobre 'O conto da criada', baseada na novela de Margaret Atwood. Imaxe: cedida.
Fotograma da teleserie sobre 'O conto da criada', baseada na novela de Margaret Atwood. Imaxe: cedida.  

A República de Galaad é o réxime teocrático que domina Estados Unidos despois dun golpe de Estado. As mulleres fértiles están sometidas aos ditados gobernamentais e aquelas “indignas” de ser nais serven de criadas. Esta é a paisaxe político social en que discorre O conto da criada, a máis célebre das distopías da escritora canadiana Margaret Atwood.
 


A novela, orixinal de 1985, aparece en galego da man da editorial Irmás Cartoné e en tradución de Celia Recarey e Carlos Valdés García. “Pero os servizos que deben prestar [as criadas] non son domésticos, senón reprodutivos”, explica a editora, “a súa función é enxendrar os fillos das mulleres estériles das elites do réxime”.

O conto da criada adquiriu recentemente enorme popularidade debido á adaptación televisiva de Bruce Miller, que leva dúas tempadas e hai unha terceira anunciada.

Brutal fábula antipatriarcal, esta non é a única obra de Margaret Atwood (Otava, Candá, 1939) dispoñíbel en galego. En 2018, en Rinoceronte Editora con versión de Estela Vilar, saiu outra distopía, Onyx e Crake, orixinal de 2003. A autora descríbea como unha mestura entre “ficción especulativa e romance de aventuras”.



x