ARTE CONTEMPORÁNEA

Máis de cincuenta obras repensan 'O segundo Sexo'

Máis de cincuenta obras repensan 'O segundo Sexo'
[Foto: cedida] Instalación de Teresa Búa
[Foto: cedida] Instalación de Teresa Búa  
A exposición itinerando Invisible [email protected] poderá visitarse no Auditorio de Galiza de balde até 15 de decembro. Este proxecto, liderado pola institución, proxura dar visiblidade á obra das mulleres artistas, entre a que se atopan catro galegas: Haya Branco (estampadora), Xulia Vicente (ilustración), Teresa Búa e Mery Pais (creadoras dixitais).

[email protected] é un proxecto liderado polo Auditorio de Galiza que implica organizacións a nivel europeo para promover a presenza igualitaria das mulleres na contorna artística. Entre as iniciativas desenvoltas, destacan as residencias artísticas para as que foron seleccionadas 32 creadoras en tres das cidades implicadas: Avilés, Angoulême e Limerick.

Como resultado dos encontros, a mostra itinerante Invisible [email protected] reúne máis de 50 traballos que toman como punto de partida O segundo sexo, en homenaxe ao ensaio de Simone de Beauvoir, que fai 70 anos. Cada artista afrontou o traballo de maneira diferente, quer xa cunha idea previa, quer deixándose imbuír do diálogo colectivo.

[Foto: cedida] Haya Branco fronte á súa obra

As galegas Haya Branco (estampadora), Xulia Vicente (ilustración), Teresa Búa e Mery Pais (creadoras dixitais) foron a nosa representación. Cada participante puxo en relevo diferentes aspectos da obra de Beauvoir. Para Búa, por exemplo, foi fundamental "o corpo", tema que é xa unha constante na súa obra. Marcouna especialmente a definición da infancia e a vixencia de moitas prácticas descritas no libro, así como a menstruación, que "supedita o corpo á especie". Para Branco, ficar cun só aspecto sería moi complexo, porque "o texto abarca moitos eidos", mais a súa obra outórgalle "moita importancia ao uso da linguaxe".

Invisible [email protected] chega a Compostela após pasar por Lituania e Eslovenia. Poderá visitarse no Auditorio de Galiza até 15 de decembro. Para alén da itinerancia de dous anos, como explica Branco, a idea é que non remate aí, senón crear unha base para continuar co proxecto e aproveitar a rede que está tecendo.