'Malaxente': o tema viral que creou MJ Pérez ao sumar Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra)
Redacción
25 febreiro 2019 19:58 h.
O poema 'Castellanos de Castilla' de Rosalía de Castro, en versión 'Malamente' da Rosalía de Barcelona. Vídeo no interior.
A cantautora MJ Pérez grava unha adaptación titulada ‘Malaxente’. "Non me odiedes" destacou a autora desta peculiar adaptación do poema 'Castellanos de Castilla' de Rosalía de Castro que pasa vitorioso pola paneira do 'Malamente' de Rosalía de Barcelona. En apenas un día, segunda feira día 25, o vídeo pendurado nas súas redes sociais xa suma miles de visitas.