Manuel Rivas e María do Cebreiro, Premios da Crítica

Manuel Rivas e María do Cebreiro, Premios da Crítica
[Imaxe: AELG] María do Cebreiro
[Imaxe: AELG] María do Cebreiro  

O último día de Terranova e O deserto déronlles a Manuel Rivas e a María do Cebreiro, respeitivamente, os Premios da Crítica en lingua galega nas categorías de Narrativa e de Poesía.


Na categoría de Narrativa, Manuel Rivas obtivo o Premio da Crítica en lingua galega por O último día de Terranova (Xerais, 2015), unha obra na que o escritor nos leva a unha libraría na que conflúen historias de amor, libros prohibidos e a memoria oculta da historia recente. María do Cebreiro resultou a gañadora da categoría de Poesía coa súa obra O deserto, un libro de meditacións e estampas publicado por Apiario editora en 2015.

En lingua catalá, o premio de Narrativa recaeu en La sega, de Martí Domínguez, e Mur, de Gemma Gorga, obtivo o premio na categoría de Poesía. En euskera, Ramón Saizarbitora obtivo o premio de Narrativa por Lili eta biok e Juan Kruz Igerabide fíxose co de Poesía por Lainoa janez

En castelán, Cristina Fernández-Cubas gañou o premio de Narrativa por La habitación de Nona e Ángeles Mora obtivo o de Poesía por Ficciones para unha autobiografía.

O xurado, designado pola Asociación Española de Críticos Literarios (AECL), estivo formado por Ángel Basanta, Fernando Valls, Araceli Iravedra, José Luis Martín Nogales, José Enrique Martínez, Jorge de Arco, Luis Bagué, José Belmonte, Francisco Díaz de Castro, Juan José Lanz, Nicolás Melini, Xelo Candel, José Vicente Peiró, Manuel Ángel Morales, David Becerra, Manuel Gahete, Lluïsa Julià, Olivia Rodríguez, Javier Rojo e Enrique Turpin.

Os premios que concede a AECL desde 1956 falláronse este sábado en Santa Cruz de La Palma.