
Son varios poemas en español e un galego para sumar ao escaso corpus de manuscritos de Rosalía. A Real Academia Galega presentou na súa sede varios documentos con poemas escritos a man da escritora, algúns inéditos, nun acto no que se deitaron novas interpretacións sobre o fin literario da autora que estaría nos seus últimos días a escribir o libro en español “Postrimerías”.