María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio pola súa biografía de Rosalía

María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio pola súa biografía de Rosalía
A filóloga e escritora María Xesús Lama. Foto: Editorial Galaxia.
A filóloga e escritora María Xesús Lama. Foto: Editorial Galaxia.  

Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) é o libro que lle acaba de valer a María Xesús Lama o Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura. Publicado en 2017 por Galaxia, é a primeira parte dun ambicioso proxecto biográfico sobre a poeta de Follas Novas.
 


biografía

O galardón, dotado con 20.000 euros, coñeceuse na mañá desta quinta feira, 8 de novembro. Segundo o xurado, a obra de Lama (Lugo, 1964) “contribúe a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro, ancorada nunha visión romántica e chorosa, amosando unha escritura lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”.

María Xesús Lama traballa como profesora de literatura galega na Universidade de Barcelona. Autora tamén de investigacións sobre o celtismo e a materia de Bretaña, con Cantos de independencia e liberdade iniciou a escritura dunha das máis completas achegas á vida e á obra de Rosalía de Castro.

Lama é a segunda galega distinguida nesta edición dos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura. O de Xornalismo Cultural recaeu en Ana Romaní, poeta e ex directora do Diario Cultural da Radio Galega.



x