XXIII MEMORIAL IBÁN TOXEIRO

Teatro amador de máscaras, títeres e circo

Teatro amador de máscaras, títeres e circo
Teatro Rosalía de Castro
Teatro Rosalía de Castro  
Cinco compañías de teatro amador representarán fragmentos dos seus espectáculos no XXIII Memorial Ibán Toxeiro, organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A gala será 20 de novembro no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.30 horas.

O XXIII Memorial Ibán Toxeiro, organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, será a vindeira cuarta feira 20 de novembro e terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20.30 horas, con entrada de balde. O evento procura lembrar a figura do desaparecido actor Ibán Toxeiro, cuxa impronta no teatro amador se lembra con agarimo desde asociación.

Esta edición o espectáculo estará focado no mundo da máscara, os títeres e o circo. Cartaz do XXIII Memorial Ibán ToxeiroAs montaxes, entre cinco e dez minutos, conformarán unha gala dinámica que presentará a actriz Sabela Hermida.

A crítica social de N+1 en Evolution, as máscaras de Caramuxo en Pavillon Lino, a ventriloquia de Ventricuoloxía en O Gran Don Pedro e o seu boneco Robertiño, os títeres de Tanxarina na adaptación de As laranxas mais laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares, e o Drama do Cabalo de axedrez de Rafael Dieste, por ACAB Teatro, conforman os cinco espectáculos seleccionados.

Tamén se fará entrega do premio anual do memorial, que será «toda unha sorpresa. Mesmo para a persoa que o vai recibir» apuntan desde a organización.