O mellor e o peor do cinema en 2016 (segundo Andrés Castro)

O mellor e o peor do cinema en 2016 (segundo Andrés Castro)
mellores2016
mellores2016  

Velaquí dúas listaxes comentadas do mellor e do peor que puidemos ver este ano nas salas de cinema, segundo o noso crítico de referencia, Andrés Castro. 


O mellor 

1. SICIXIA. En todos os sentidos, a experiencia audiovisual do ano. [Crítica]

2. A CHEGADA. Marca un antes e un despois no cinema de ciencia-ficción. [Crítica]

3. UN MONSTRO VÉNME VER. Extraordinario deseño de produción nunha historia que chega á alma. [Crítica]

4. ELLE. Verhoeven vai da man de Hitchcock e Buñuel nun thriller incómodo máis aló do límite do desexo.

5. MIGAS DE PAN. Unha viaxe moral e emocional que estremece. Necesaria.

6. AQUARIUS. Adaíl de denuncia contra o golpe de estado perpetrado no Brasil. [Crítica]

7. MIMOSAS. Cinema de autor a contracorrente que non deixa de acaparar premios. [Crítica]

8. TONI ERDMANN. Ciclotimia levada ao cinema cunha das escenas máis hilarantes dos últimos anos.

9. O PRINCIPIÑO. Mestura de stop-motion e as técnicas de animación máis avanzadas que consegue transmitir o espírito da novela. [Crítica]

10. MARÍA (E OS DEMAIS). Bárbara Lennie encarna á perfección á xeración dos “trinta e tantos”. [Crítica]

O peor

1. ESCUADRÓN SUICIDA. Gastaron os cartos nunha banda sonora de luxo en detrimento de dirección, guión, diálogos e montaxe. Iso si, é o mellor videoclip do ano. [Crítica]

2. PREMONICIÓN. Ía para segunda parte de “Seven” e queda ao nivel dun episodio piloto de serie de televisión. [Crítica]

3. INDEPENDENCE DAY: CONTRAATAQUE. Aborrezo o día que lle quixen dar unha oportunidade a este pastiche sen pés nin cabeza.

4. VICTOR FRANKENSTEIN. É tan mala que é un esmendrelle. [Crítica]

5. PESADELOS. Nin medo nin risas cun Jack Black desnortado. 

6. WARCRAFT: A ORIXE. Outro videoxogo levado á pantalla con máis pena que gloria. [Crítica]

7. X-MEN: APOCALIPSE. A peor da saga. Xa pintaba mal cando o supervilán semellaba saído do “Xovenciño Frankenstein”. [Crítica]

8. MONEY MONSTER. Jodie Foster conta cunha boa premisa, mais tira todo por terra ao caer no politicamente correcto. [Crítica]

9. NUNCA APAGUES A LUZ. Moito bombo por un trailer “non apto para crianzas”, pero o filme non dá medo. [Crítica]

10. AVE CESAR!. (Hail, Caesar!). Unha das maiores decepcións do ano, sobre todo por estar dirixida polos irmáns Coen. [Crítica]