CRÍTICA DE CINEMA

O mellor e o peor do cinema estreado en 2018, por Andrés Castro

O mellor e o peor do cinema estreado en 2018, por Andrés Castro

O MELLOR

1. A SOMBRA DA LEI. Dani de la Torre constrúe un impresionante thriller policíaco de época recreando a Barcelona dos anos 20 a través de diferentes localizacións de Galiza. Peliculón.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/a-sombra-da-lei/20181011092635072778.html

2. CARAS E LUGARES. Agnès Varda xúntase co artista urbano JR nunha orixinal e fascinante road movie conceptual a través de Francia. Marabilla.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/caras-e-lugares/20180608103037069586.html

3. DOGMAN. Pequena gran historia dun home tan amigábel coma un can, pero tamén coa capacidade de volverse rabioso.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/rebelion-do-home-can-andres-castro/20181123095641073960.html

4. ILLA DE CANS. Unha oda aos cans feita con moito agarimo e chea de referencias xaponesas. Outra obra de arte, en stop-motion, de Wes Anderson.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/nova-xenialdade-wes-anderson/20180427121302068293.html

5. INFILTRADO NO KKKLAN. Spike Lee retoma o pulso contra o racismo ao tempo que propina unha sonora patada a Trump e... por extensión aos Salvini, Le Pen, Casado ou Bolsonaro do mundo.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/spike-lee/20181109094131073534.html

6. A ESTACIÓN VIOLENTA. Adaptación da novela homónima de Manuel Jabois a través dun atrevido, enérxico e sensible debut da cineasta Anxos Fazáns.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/estacion-violenta-intento/20180531195749069373.html

7. HAPPY END. Nova xenialidade de Michael Haneke. Unha familia burguesa como calidoscopio da Europa actual.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/happy-end/20180727095557070995.html

8. COLD WAR. Gran triunfadora dos Premios do Cinema Europeo. Unha tráxica historia de amor con aroma a cinema clásico imperecedoiro.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cold-war-andres-castro/20181221072240074814.html

9. CUSTODIA COMPARTIDA. Un filme modélico para entender o pesadelo que supón a custodia compartida cando hai un pai maltratador.

https://www.facebook.com/criticadcinema/photos/a.364847176914129/1864544423611056/?type=3&theater

10. ROMA. Non é nada usual que Netflix teña grandes filmes no seu catálogo de “orixinais de Netflix”. O de Alfonso Cuarón é unha desas excepcións que confirman a regra. Unha marabilla visual e conceptual que debería estrearse nas salas de cinema.

O PEOR

1. KINGS. A directora da aclamada Mustang desperdicia unha historia e un elenco de luxo cunha dirección errática e sen ritmo. Decepción supina.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/kings/20180907105641071878.html

2. INMERSIÓN. Wim Wenders afógase nun mar de apuntamentos filosóficos que non sabe –ou non lle deixaron– desenrolar con coherencia. Mágoa.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/inmersion-andres-castro/20180413102303067820.html

3. DOCE VALENTES. Tiraron as Torres Xemeas... hai que vingarse. Un pastiche bélico propio da era Reagan protagonizado polo mazas Chris Thor Hemsworth.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/mais-unha-fazana-belica/20180511113812068710.html

4. UN MAR DE ENREDOS. Intento de recuperar a esencia das comedias dos anos oitenta. Esforzo en van que aporta máis ben pouco.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/un-mar-de-enredos/20180803101548071157.html

5. VENOM. Reboot do simbionte que xa aparecía na terceira parte da triloxía Spider-Man dirixida por Sam Raimi. Apunta cousas pero queda a medio camiño de todo.

6. TOMB RAIDER. Outro reboot innecesario. Desta volta Lara Croft pega chimpos pola selva coa faciana da oscarizada Alicia Vikander.

https://www.facebook.com/criticadcinema/photos/a.364847176914129/1786658958066270/?type=3&theater

7. PREDATOR. Secuela da, xa de por si prescindíbel, Predators. Por moito que insistan é unha franquía que leva tempo acabada.

8. O RAÑACEOS. Dwayne “The Rock” Johnson interpreta unha versión ultra musculada, e tolleita, do Paul Newman d’O coloso en chamas. Mala.

9. MISSION: IMPOSSIBLE - FALLOUT. McQuarrie afógase ao intentar repetir o esquema que tan ben lle funcionara no filme precedente. A cara de Tom Cruise é un verdadeiro poema...

10. MUTE. Unha peli que se vendeu coma unha homenaxe de Blade Runner pero nada máis lonxe... Acuñou o termo Netflixploitation como esa estratexia vende-fume da meirande parte dos filmes “orixinais de Netflix”.

https://www.facebook.com/criticadcinema/photos/a.364847176914129/1649545818444252/?type=3&theater