XULIO MASIDE, PINTOR

“Meu tío Carlos Maside non quería que eu fose pintor. El pasounas canutas”

“Meu tío Carlos Maside non quería que eu fose pintor. El pasounas canutas”
[Imaxe: Laura R. Cuba] Xulio Maside
[Imaxe: Laura R. Cuba] Xulio Maside  

É difícil comprender a pintura galega da segunda metade do século XX sen Xulio Maside (Vigo, 1933). Médico anestesista de profesión, pintor figurativo con tendencia expresionista e pegada do cubismo, sobriño de Carlos Maside, foi ademais activista cultural de relevo. Participou, en 1961, na fundación da asociación compostelá O Galo. E nas décadas de 70 e 80, presidiu a Asociación Galega de Artistas Plásticos. Nesta conversa rexistrada no seu piso do Ensache de Santiago participan tamén a profesora e crítica María Antonia Pérez e a súa compañeira e biógrafa María Esther Rodríguez. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 294 de Sermos Galiza.


2Por que comezou a pintar?

Eu pinto desde os cinco anos, que recorde. Na Estrada. Porque eu vivín unha tempada na Estrada. Recordo que na escola o profesor me puña nunha mesa á parte, porque en vez de atender ás explicacións, debuxaba. E era moi inquieto. Debuxar e logo pintar éme natural.

[María Esther Rodríguez] Di moitas veces que naceu pintor.

Esa é unha frase para os xornalistas. “Nacín pintor pero logo estudei Medicina”.

Por que?

Por imposición do meu tío Carlos Maside, que non quería que fose pintor. Porque el pasounas canutas, como todos os pintores. E segue sendo así. Hai algúns que non: Picasso, por exemplo [ri]. Pero eu estudei Medicina e seguín pintando. Pasei unha etapa no servizo militar en Madrid. Eu ía moito a unha vila de Castela, Arganda del Rey, porque había un grupo de galegos pintores e artistas. Quedaba alí unha semana. Impresionoume a paisaxe castelá e empecei a pintala. Logo volvín a Santiago e non lembro en que ano exactamente fixen unha mostra no Hostal...

[MER]. 1961.

Porque mas viron uns médicos de Santiago amigos e animáronme. Un deles era Fernández Albor.

[Podes ler a entrevista íntegra no número 294 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x