Moncho Valcarce volve en pedra ás Encrobas

Moncho Valcarce volve en pedra ás Encrobas
.
.  

Facíanse 37 anos da expropiación de terras da parroquia das Encrobas por Fenosa para a construción da mina de lignitos e foi esa a data escollida para que Moncho Valcarce volvera ter presenza por medio dun novo monumento, colocado no lugar do roubado hai uns meses. 


A memoria do cura das Encrobas, como foi coñecido Moncho Valcarce, volveu ser protagonista da conmemoración do 37 aniversario daquela data na que a veciñanza fíxose forte para facerlle fronte a Fenosa, empresa que quería facerse coas súas terras para a construción da mina de lignitos. Moitas persoas feridas, e detencións múltiples, entre elas, a do propio Moncho Valcarcel, foi o balance daquelas horas nas que mulleres e homes das Encrobas impediron que as súas terras fosen roubadas.   Ese foi o balance mais tamén unha lección de dignidade e heroísmo que pasou a se converter nun dos episodios máis valorados das mobilizacións sociais do país como un episodio de relevo na nosa historia recente. Toda Galiza se mobilizou entón en apoio e solidariedade coa veciñanza nuns acontecementos dos que Moncho Valcarce se converteu en símbolo. 



x