1 DE MAIO DE 2019

Mondoñedo é Poesía homenaxea O Pallarego

Mondoñedo é Poesía homenaxea O Pallarego
En primeiro plano, estatua de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Foto: cedida.
En primeiro plano, estatua de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Foto: cedida.  

Manuel Ledo Bermúdez foi, canda Cunqueiro ou Xosé Díaz Jácome, un dos recuperadores en Modoñedo da tradición dos maios. E foino na Segunda República. O festival Mondoñedo é Poesía homenaxea na súa sexta edición O Pallarego -o seu alcume. Será este 1 de maio.


A xornada comezará ás cinco da tarde coa saída da xarroz do maio da Finca da Loura. Media hora despois, na praza Jaime Cabot, decorrerá o acto de lembranza do Pallarego. Intervirá alumnado dos centros educativos do concello e da Escola Municipal de Música. Lerán poemas os galardoados no premio Díaz Jácome 2018 Alexandre Fernández Peón e Laura López, e mais Esperanza Pérez.

O auditorio Pascual Veiga acollerá xa ás seis e media o recital de Martiño Maseda -primeiro premio Leiras Pulpeiro en 2018-, Alberte Momán -segundo premio no mesmo certame-, Olga Novo e Antón Reixa. Haberá música de Lino Rico e da Banda da Loba.