Morre o actor Tucho Lagares

Morre o actor Tucho Lagares
Tucho Lagares
Tucho Lagares  

Actor de cine, televisión, teatro ou zarzuela, Tucho Lagares actuou nalgunhas das series televisivas máis populares como  ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Terras de Miranda’, ‘As leis de Celavella’ e ‘Rías Baixas. Morre a pouco de comezar as oito décadas de vida. 


Actor de cine, televisión, teatro ou zarzuela, Tucho Lagares actuou nalgunhas das series televisivas máis populares como ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Terras de Miranda’, ‘As leis de Celavella’ e ‘Rías Baixas. Morre a pouco de comezar as oito décadas de vida. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia comunican que os restos descansan no tanatorio Servisa da Coruña e mostran o seu apoio a tamén actriz Fely Manzano.  

Nacera en 1932 e o seu nome quedará vinculado ás distintas series televisivas nas que participou, algunhas delas, das máis populares das producidas para a TVG desde os anos oitenta. Sen embargo Antonio Lagares Fernández, Tucho Lagares para a profesión, é un dos nomes dos títulos de crédito de filmes como A lei da fronteira, a lingua das bolboretas ou O lapis do Carpinteiro ademais de varias curtametraxes. 

Singular é tamén a súa participación no xénero da Zarzuela con compañías como Mili Porta, Círculo Lírico Calderón ou Caramuxa coas que levou á escena “A represa e o río”, “La verbena de la Paloma” ou “La corte de Faraón”.