Mozambique canta a Narf

Mozambique canta a Narf
O cantautor galego Fran Pérez "Narf".
O cantautor galego Fran Pérez "Narf".  

O festival “Ahoje é ahoje", que se celebra en Maputo, acolle unha homenaxe musical ao cantautor Fran Pérez Narf da man de Timbila Muzimba e no que participará Uxía


O Trato Avenida de Maputo, capital mozambicana, acolle este domingo un homenaxe ao falecido cantautor galego Fran Pérez “Narf”. As conexións de Narf co país remóntanse a máis de dez anos de encontros co grupo local Timbila Muzimba. Xuntos crearon os espectáculos Bumba e De Zigala a Zemambiquo- De Galiza a Mozambique- nos que uniron os sons da guitarra eléctrica co chopi timbila, un instrumento tradicional mozambicano.

O tributo enmárcase no festival “Ahoje é ahoje”, organizado polo Teatro Avenida, Trigo Limpio Teatro ACERT de Tondela (Portugal) e a compañía Mutumbela Gogo. Un festival no que o propio Narf tomou parte non só no escenario, senón tamén na súa organización. A cantante Uxía participará na homenaxe ao seu compañeiro de melodías e escenarios.

A lembranza a Narf e a súa música procura reforzar os lazos de irmandade que o músico galego cultivou durante anos coa banda Timbila Muzimba. Xunto a eles ofreceu o que foi o seu concerto despedida, nun Teatro Principal de Santiago cheo e un mes antes do seu pasamento en 2016.