DO 6 AO 14 DE SETEMBRO

A música convértese no outro atractivo do festival de curtas de Bueu

A música convértese no outro atractivo do festival de curtas de Bueu
A cantante de reggae High Paw. Foto: FIC Bueu.
A cantante de reggae High Paw. Foto: FIC Bueu.  
Os festivais de cinema cada vez máis son encontros multidisciplinares. O de curtametraxes de Bueu, que celebrará a súa edición décimo segunda do 6 ao 14 de setembro, tamén. A programación musical ocupará un importante espazo no encontro, co catalán Enric Montefusco como cabeza de cartel.

AJB Collective, formada por membros da Asociación de Jazz de Bueu, ofrecerá o 6 de setembro, ás oito do serán nas inmediacións do Centro do Mar, o primeiro dos concertos do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Ás dez e media, Caspervek Trio porá a banda sonora a Panorama de cinema mudo: 15 anos de pioneiros da sétima arte (1902-1917).

Xa na fin de semana haberá sesións vermú. A do sábado estará amenizada por High Paw, prometedora cantante e guitarrista de reggae. O domingo 8, Iván Rodríguez Covers. E o sábado 8 de setembro á noite será o concerto de Enric Montefusco.

Unha semana despois, o 14 de setembro, sábado, The Swinging Flamingos repasará as orixes do jazz e o blues e traerá ao Morrazo “as esencias das big bands estadounidenses”.