A música tradicional e as mulleres no ciclo “A nosa terra, a nosa cultura”

A música tradicional e as mulleres no ciclo “A nosa terra, a nosa cultura”
pandeirada interior
pandeirada interior  

Arredor do documental “Por que non cantades todas” dirixido por Diana Toucedo artéllase a segunda sesión do ciclo documental “A nosa Terra, a Nosa Cultura” que se desenvolve no Museo Provincial de Lugo. As mulleres e a música tradicional son as protagonistas. 

 


A terza feira 16 de xuño ás 20:00 hora terá lugar no Museo Provincial de Lugo a segunda sesión do ciclo documental organizado por Adega “A nosa terra, a nosa cultura” na que s proxectará o documental "Por que non cantades todas" de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e dirixido por Diana Toucedo Crespo. A seguir desenvolverase un coloquio no que participarán Alberte Román, técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e Branca Villares, ensinante de música tradicional.

 O documental achégase á relación coa música dun grupo de mulleres da aldea de Zobra na Serra do Candán. No coloquio está convidada, ademais dun técnico da produtora Trespés, a ensinante de música e baile tradicional Branca Vilares en calidade de experta no tema. 

A xornada forma parte do ciclo que Adega promove por terceiro ano consecutivo dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”, unha proposta que se organiza a maneira dun cine-fórum centrados arredor de proxectos audiovisuais aos que non é fácil acceder e que teñen a ver co patrimonio natural ou cultural.