As músicas do mundo nunha cidade, catro días e trescentos artistas

As músicas do mundo nunha cidade, catro días e trescentos artistas
Davide Salvado
Davide Salvado  

Womex xa ten programa oficial e nel participan 300 artistas das máis diversas procedencias. A feira internacional das músicas do mundo xa ten á venda ás entradas para os concertos abertos ao público. 


Do 22 ao 26 de outubro daranse cita en Compostela arredor de 300 artistas de distintas partes do mundo, desde Brasil a Arxelia, Cabo Verde ou Rusia, Polonia ou Cuba. Uxía, Davide Salvado e Germán Díaz serán os representantes da música galega presentes en Womex. 

Fóra do recinto profesional no Museo Centro Gaiás serán 45 os concertos que presentarán en distintos espazos da cidade de Compostela as músicas do mundo presentes en Womex. Por 55 euros está á venda un bono para asistir a todo o programa público que se desenvolve na Praza da Quintana, no Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia ou a Sala Capital. 

18 concertos en 3 noites

Só nas noites do 23, 24 e 25 de outubro a Praza da Quintana de Compostela acollerá 18 concertos abertos ao público, con entradas de venda anticipada a 20 euros.Raúl Rodríguez - Razón de Son, desde España, Guayo Cedeño & Coco Bar de Honduras, a  agrupación china Ajinai ademais dos  rusos Otava Yo, Spiro, desde o Reino Unido, e Mayito Rivera & The Sons of Cuba protagonizarán o programa da primeira xornada, a quinta feira 23. 

Para a noite do 24 está preparada unha xornada con A Sekouba Bambino (Guinea-Conakry/Francia), Baloji (República Democrática del Congo / Bélgica),  Kuenta i Tambu (Curação/Países Bajos), Džambo Aguševi Orchestra, de Macedonia,  Ethiocolor (Etiopía), e Batida (Angola/Portugal).

Pecharán tres noites seguidas de música na Quintana o sábado 25 a estadounidense Orkesta Mendoza, o galego Davide Salvado e a israelí Ester Rada, ademais dos mexicanos Troker, os colombianos Tribu Baharu os tamén mexicanos Bostich + Fussible from Nortec Collective.

E moitos máis

Co bono poderase asistir tamén a concertos de Cesária Évora Orchestra, Ed Motta, El Gusto Orchestra, Custódio Castelo, Germán Díaz, La Chiva Gantiva, Lleuwen, Rura, Volosi, Maru Tarang, Noreum Machi, Oum, Korrontzi, Uxía, os Zoobazar, Abavuki, Geng Wak Long, Paulo Flores, Isa GT, Rebel Up! Soundclash, Kareyce Fotso, Lula Pena, Söndörgo, Calima, La Yegros, Sertanília, Dreamers' Circus, Gjermund Larsen Trio, Tarabband, Den Sorte Skole, DJ Marfox w Greg de Villanova.

Nos vinte anos de historia da música galega só Mercedes Peón participou da sección oficial de Womex que este ano conta coa actuación de Davide Salvado.