DEOLINDA, BANDA PORTUGUESA

“Na Galiza non vexo moita diferenza de Portugal, sentímonos na casa”

“Na Galiza non vexo moita diferenza de Portugal, sentímonos na casa”
Deolinda son: Luis José Martins, Pedro da Silva Martins, Ana Bacalhau e Zé Pedro Leitão.
Deolinda son: Luis José Martins, Pedro da Silva Martins, Ana Bacalhau e Zé Pedro Leitão.  

Na sexta feira botan a andar as Festas do Apóstolo en Compostela co concerto dos portugueses Deolinda, a banda de máis éxito neste momento no país veciño, que veñen presentar o seu novo e cuarto disco, ‘Outras histórias’. Falamos con Pedro da Silva, compositor e guitarra do grupo.


- ‘Outras histórias’ foi aclamado pola crítica e tamén estivo no top nacional de vendas. Mesmo foi definido por algún xornal como “un dos mellores discos portugueses da última década”. 
- Para nós é un grande recoñecemento do noso traballo. É a máis grande alegría perceber que é un disco que consegue sorprender na nosa carreira, que foi un camiño sempre de sorpresa e de apostar no diferente e sentimos que este disco vai nesa vía, nese camiño de sorprender. Por iso é unha grande alegría ser aclamado pola crítica, mais despois ten resposta do público, que é absolutamente incríbel. 

- A crítica tamén fala da vosa capacidade de vos reinventardes álbum a álbum. Como definirías este traballo con respecto aos outros?
- Acho que reflicte un pouco o noso lado máis de estudio, desta vez traballamos máis as cancións no punto de vista do estudio, sen pensar tanto no palco, e iso ten a ver coas experiencias de crecemento da propia banda e tamén individual. E iso reflíctese na música que facemos e de aí que sentimos que é un disco que só podería ter sido feito hoxe, é Deolinda hoxe, a do ano 2016.

‘Parva que sou’ era unha canción coma outras de Deolinda, que fala da sociedade, é a nosa maneira que nós temos de ollar, é un ollar crítico e consciente sobre a realidade. Cando a canción gañou esa dimensión ficamos con moita sorpresa coa súa recepción. 

- Tamén introducides un DJ. 
- Si, é un tema que é ‘A vella e o DJ’, porque desde o inicio sentimos que faltaba un toque sorprendente, pedía calquera algo diferente. De aí que falamos co Riot, dos Buraka Som Sistema, que é unha banda muito coñecida, e de aí xurdiu esta parcería, que ten unha letra muito divertida, e cunha abordaxe de DJ, que mestura a nosa sonoridade coa del. 

- Continuades a contar historias do cotiá con ironía, que é marca da casa. 
- Iso acho que é parte do ADN de Deolinda. É a nosa identidade e ese é sempre o noso punto de partida para outras experiencias e para o noso propio crecemento. 

- Na Galiza coñecemos Deolinda sobre todo a partir de ‘Parva que sou’, convertido case no símbolo da mocidade portuguesa durante a crise. 
- A canción foi feita sen pensarmos na dimensión que tivo. Era unha canción coma outras de Deolinda, que fala da sociedade, é a nosa maneira que nós temos de ollar, é un ollar crítico e consciente sobre a realidade. E naturalmente cando a canción gañou esa dimensión ficamos con moita sorpresa coa súa recepción. Cando demos un concerto en Ferrol, na Galiza, no día en que en Portugal se fixo unha enorme manifestación, que despois viría inspirar outros movementos en España de conciencia civil, e foi incríbel a reacción das persoas a cantar o tema, que aínda era muito fresquiño, muito nova na altura, e toda a xente a cantou. Foi arrepiante. A xente estaba emocionada. Foi muito forte. Acho que a música en xeral ten muito poder, e ese poder que tivo aí ‘Parva que sou’ foi avasalador. E continúa a ser, porque acho que aínda agora muita xente se lembra e cando toca a falar destes asuntos, naturalmente a canción xurde e rexurde. 

“Criamos que teriamos que traballar muito para conquistar, porque a nosa sonoridade era diferente, non é o fado tradicional, non é unha música popular muito obvia e pensamos que iamos ter que conquistar e nós fomos conquistados polo público galego”

- Estivestes varias veces na Galiza. Como é a vosa recepción aquí?
- Eu acho que na Galiza non vexo moita diferenza de Portugal, sentímonos na casa, sentimos a mesma enerxía e boa recepción que sentimos en Portugal, non sinto muito diferenza. No inicio sorprendeume, porque como era bastante distante, criamos que teriamos que traballar muito para conquistar, porque a nosa sonoridade era diferente, non é o fado tradicional, non é unha música popular muito obvia e pensamos que iamos ter que conquistar e nós fomos conquistados polo público galego. Muita xente coñecía as nosas cancións e encontramos alí a ligazón perfecta para un convívio entre nosa música e os galegos. 

- O feito de poderdes falar en portugués aquí fíxovos as cousas máis fáciles?
- Si, claro, é incrible, non hai unha barreira muito grande, entendémonos todos muito bem. É unha lingua que difire a penas de diversos sotaques.