Nace a Asociación Galega de Videoxogos

Nace a Asociación Galega de Videoxogos

Imaxin Software, Datalawyers, Ficción Producciones, Mundos Digitales e Gato Salvaje Studio son as empresas que impulsan Videoxogo.gal, a Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos.

Unha noticia que dá ‘Código Cero e na que se indica quea nova entidade ”busca potenciar a súa industria na comunidade galega servindo de ponte entre as empresas do sector para crear sinerxías e dinamizar o seu sector”

A asociación quer favorecer a competitividade e a internacionalización das empresas do sector, desenvolver accións formativas, ou representar os intereses deste sector profesional. Entre as súa accións, o novo colectivo pretende crear unha denominación de orixe de calidade e innovación, "como un xeito adicional de internacionalizar e promover a cultura galega e a súa experiencia en videoxogos e contidos interactivos”.



x