
A colección Clásicos da Emigración impulsada polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración apresentouse en Compostela e ten como obxectivo achegar un reflexo fiel do que supuxo este fenómeno. Tamén se deu a coñecer o primeiro número da coleeción, La Emigración en Galicia, publicada por Ramón Castro López en 1923.