Nova Galega de Danza na homenaxe a Manuel María

Nova Galega de Danza na homenaxe a Manuel María
Manuel María
Manuel María  

"Lúas de Outono", o espectáculo que cada ano organiza a Fundación Manuel María en homenaxe ao escritor contará o vindeiro 16 de setembro coa actuación de Nova Galega de Danza. 


No décimo aniversario da morte de Manuel María, a Fundación que leva seu nome homenaxea ao escritor co espectáculo “Lúas de Outono” que, desta volta, ten como protagonistas a Nova Galega de Danza. O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 16 de setembro ás 20:30 horas a homenaxe que cada ano se lle tributa ao poeta no mes de setembro -arredor da data do seu pasamento- na cidade na que viviu os seus últimos anos. A entrada ao espectáculo é libre até completar o aforo. 

As entradas pódense recoller na billeteira do Teatro Colón a mesa terza feira entre as 12 e as 14 horas e desde as 17 horas até a hora do espectáculo.