'A FILLA DE VERCINXETÓRIX' SAIRÁ EN XERAIS

O novo álbum de Astérix publicarase en galego

O novo álbum de Astérix publicarase en galego
Imaxe: cedida.
Imaxe: cedida.  

Unha adolescente rebelde, filla do líder rebelde galo Vercinxetórix, protagoniza o álbum número 38 do irredutíbel Astérix. A filla de Vercinxetórix sairá á rúa en outubro e, como en anteriores ocasións, contará con versión galega da man de Xerais.
 


Isabel Soto e Xavier Senín encargaranse da tradución desde un orixinal francés que pon o foco sobre o papel da muller. Un "Astérix feminista" houbo quen xa o alcumou.

O célebre personaxe creárono en 1959 o guionista Renne Goscinny e o debuxante Albert Uderzo. Xuntos crearon o corpus clásico desta banda deseñada. A morte de Goscinny deixou Uderzo como encargado xeral a partir de Astérix e o Grande Foxo (1980). Hai catro títulos, en 2013, xubilouse. Pero o seu retiro non supuxo o fin das aventuras dos galos antiimperialistas.

Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad no debuxo tomaron o relevo e atópanse tamén detrás do novo A filla de Vercinxetórix.



x