O ECLOSOM! DO CENTRO SOCIAL DE COMPOSTELA

Nuada gaña o certame de músicas emerxentes da Gentalha do Pichel

Nuada gaña o certame de músicas emerxentes da Gentalha do Pichel
Grupos finalistas e xurado do II Eclosom!, na Gentalha do Pichel de Compostela.
Grupos finalistas e xurado do II Eclosom!, na Gentalha do Pichel de Compostela.  

Rock duro, dese que sobrevive a modas e tendecias de toda especie, e letras de aspiración poética conforman o método de Nuada. Son a banda gañadora da segunda edición de Eclosom!, o certame de músicas emerxentes que convoca o centro social compostelán A Gentalha do Pichel.
 


Nuada son un trío de rapazas con base operativa en Teixeiro (Curtis). O seu é o rock directo, melódico, con ecos de rock urbano e intensidade lírica. Guitarra, voz, baixo e batería e títulos como Intentar para coas mans ou As mentes prohibidas.

 

Nuada eran as máis novas dun concurso a cuxa final chegaron tamén Verbena Velutina -punk rock da vella escola, con letras de combate- e Raiceiras, un dúo de chelo e percusión que reinterpreta música tradicional galega.

 

O premio de Eclosom! son 300 euros e unha “minixira” por centros sociais de Galiza. Do fixeron parte as xornalistas Raquel Cecília -do Novas da Galiza- e Dani Lavesedo -de Gz Música-, a membro de Sacha na Horta e Blues do País Iseo Agilda, e mais Laura Romero, da banda Zënzar. “Queremos promover a aparición de novas formacións musicais na nosa lingua”, sinalan desde O Pichel, “e dar unha oportunidade de visibilización das mulleres nun eido tan masculinizado como é o da música”.



x