FAI 25 ANOS

O CGAC busca autonomía

O CGAC busca autonomía
Imaxe do interior CGAC.
Imaxe do interior CGAC.  

O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 25 anos de vida. As súas dependencias, deseñadas por Álvaro Siza na Compostela monumental, acollen a única colección pública dedicada á cuestión. Pero a pedagoxía e a autonomía son materias pendentes.


1En 1993, Maruxa Mallo regresou a Galiza. A pintora, natural de Viveiro, respirara surrealismo e exiliárase na Arxentina e nos Estados Unidos, protagonizou a exposición inaugural do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela. Morría apenas dous anos despois. O museo, porén, iniciaba a súa existencia cun fío directamente cosido ás vangardas históricas. Este mes celebra un cuarto de século de, en palabras do seu actual director, Santiago Olmo, “realizar desde o presente unha historia da arte galega contemporánea en conexión coa internacional”.

Un edifico deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza e situado ao pé do Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres e un redivivo parque de Bonaval acolle a institución. Que naceu, lembra a crítica Natalia Poncela, “de moita reflexión. Pensouse que modelo era preciso, e que espazo cumpría para resolver cuestións concretas”. O Consello da Cultura Galega acolleu a inicios dos noventa os debates entre os axentes implicados no campo artístico que colocaron os alicerces do CGAC. Non se trataba, xa, de construír un museo. Consonte as dinámicas daquela contemporáneas, un centro de arte debía tamén “producila e crear programas públicos para conectala cunha sociedade que non estaba afeita”.

Poncela considera que a maneira de se concibir “foi moi aberta”. Mesmo pioneira, como no caso do departamento de música contemporánea, logo desartellado. A autonomía aínda non rematara o seu despregamento -era a primeira lexislatura de Fraga Irirbarne- e, a dicir de observadoras e expertas, o xogo non estaba fechado. Un museo de artes modernas era outra peza no “proceso de institucionalización cultural do país”. Así o entende o xestor cultural e ensaísta Marcos Lorenzo.
 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]