'O que arde', Premio ao Mellor Deseño de Son no Chicago Film Festival

'O que arde', Premio ao Mellor Deseño de Son no Chicago Film Festival
[Imaxe: CC] 'O que arde' engade un novo triunfo ao seu palmarés
[Imaxe: CC] 'O que arde' engade un novo triunfo ao seu palmarés  

O que arde, terceira longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982), engade un novo galardón ao seu palmarés: o Premio ao Mellor Deseño de Son no Chicago Film Festival.

 


O que arde, o último filme do cineasta galego Oliver Laxe despois de Todos vós sodes capitáns e Mimosas, vén de facerse co Premio ao Mellor Deseño de Son no prestixioso Chicago Film Festival.

Esta distinción súmase ás conseguidas previamente nos festivais de Cannes, Donostia e Ourense, converténdoa xa nunha das cintas galegas máis galardoadas de todos os tempos. 

O que arde, distribuída por Numax, é tamén un dos filmes galegos con máis estreas en cinemas comerciais da historia, exhibíndose en 19 salas das sete cidades galegas, así como de Carballo, Monforte de Lemos, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, A Rúa, Verín, As Pontes, A Estrada e Caldas de Reis.