O Resurrection Fest, protagonista da fotografía gañadora dos Premios Cermi

O Resurrection Fest, protagonista da fotografía gañadora dos Premios Cermi
A fotografía gañadora do certame tornou en viral aos poucos minutos da súa publicación Foto: Daniel Cruz
A fotografía gañadora do certame tornou en viral aos poucos minutos da súa publicación Foto: Daniel Cruz  
Unha estampa do certame musical de Viveiro é a triunfadora nos premios do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na categoría de Acción Cultural Inclusiva, por visibilizar que "o acceso á música contribúe a superar as barreiras que aínda seguen afrontando as persoas con diversidade funcional".

Daniel Cruz e Álex Rodríguez foron galardoados nos Premios Cermi 2019 na categoría Acción Cultural Inclusiva, por visibilizar que "o acceso á música contribúe a superar as barreiras que aínda seguen afrontando as persoas con diversidade funcional".

O xurado tomou esta decisión por unha fotografía do festival de música Resurrection Fest de Viveiro na que Daniel fotografou a Álex, persoa usuaria de cadeira de rodas, sostido polo aire polo público para que puidese ver e gozar en igualdade de condicións as actuacións musicais.

O fallo do xurado expón que, desde o mesmo día da difusión da instantánea, converteuse nunha "vigorosa icona", reveladora de que a paixón pola música "xera comunidade, vence todos os obstáculos e arma lazos para que o acceso á cultura e a arte sexa universal".

Estes galardóns son concedidos cada ano polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), co fin de recoñecer as iniciativas ou accións ou o labor de persoas ou institucións que máis se distinguiron, en ámbitos como a inclusión laboral, a investigación social e científica, a accesibilidade universal, a cultura inclusiva, a responsabilidade social, o activismo e o xénero, entre outros, en favor das persoas con diversidade funcional e as súas familias.