Unha obra autobiográfica de Oliver Añón gaña o Castelao de banda deseñada

Unha obra autobiográfica de Oliver Añón gaña o Castelao de banda deseñada
Debuxo de 'Canción para afundir flores no mar', de Oliver Añón, gañador da 13ª edición do premio Castelao de banda deseñada.
Debuxo de 'Canción para afundir flores no mar', de Oliver Añón, gañador da 13ª edición do premio Castelao de banda deseñada.  

De título lírico e liña clara, “graficamente impecable”, e trazo autobiográfico. Así é Canción para afundir flores no mar, a obra gañadora da décimo terceira edición do premio Castelao de banda deseñada, da autoría de Oliver Añón (Barcelona, 1982).


“Destaca a capacidade do autor de aproveitar as posibilidades do medio a través da narración visual”, sinala a nota remitida pola Deputación da Coruña, convocante do galardón. Añón, ilustrador e animador, construíu “unha trama principal na que se entrelazan pequena historias con personaxes particulares que deixan ver un relato con presenza autobiográfica”.

O autor valeuse dun lapis electrónico sobre pantalla para realizar Canción para afundir flores no mar. “O acabado semella o resultado do uso de tinta china”, sinala o ente provincial, que reuniu no xurado “profesionais da banda deseñada” como María del Carmen Moreu Bibian, José Mato Fondo, Sara Prieto Puy, Héctor Real Arregui e Beatriz Lema -gañadora da pasada edición- e mais a vicepresidenta da institución Goretti Sanmartín de presidenta e a xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat..

Canción para afundir flores será a primeira obra en formato libro de Oliver Añón. Nado en Barcelona nunha familia emigrada, só cun ano de idade regresou á Coruña. Despois de se formar en Galiza, traballou en Catalunya para produtoras de animación e diversas axencias de publicdade e e televisión. En 2015 volveu á Coruña, onde reside e traballa como freelance.

O premio Castelao está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.



x