POEMAS DA ESTADOUNIDENSE EMILY DICKINSON EN GALEGO

A outra Rosalía de Amherst

A outra Rosalía de Amherst
As poetas Emily Dickinson (esquerda) e Kate Scott Turner nunha imaxe de autoría descoñecida datada en 1859. Foto: Wikipedia.
As poetas Emily Dickinson (esquerda) e Kate Scott Turner nunha imaxe de autoría descoñecida datada en 1859. Foto: Wikipedia.  
A analoxía resulta apetecíbel, pero presenta contraindicacións. Advírtenas no limiar de Herba abraiada (Rinoceronte, 2019 os propios tradutores, Marta Dahlgren e Manuel Forcadela: «É de especial interese a relación que a poesía de Emily Dickinson ten coa de Rosalía de Castro, en principio casual en termos históricos». Naceron e morreron nas mesmas décadas, engaden, e «manifestan un certo paralelismo temático visionario que está aínda por estudar». Mais axiña matizan.

herba abraiada (cuberta)Porque o intimismo radical de Dickinson (Amherst, Estados Unidos, 1830-1886), unha das poetas máis influíntes da contemporaneidade, exclúe unha dimensión crucial en Rosalía, a «popular e social». Dahlern e Forcadela facilitan agora a comparación co cento de poemas da estadounidense que veñen de pasar ao galego.

«Naquilo que é volátil, / aves, horas, abellóns, / non emprego o meu canto», escribiu, «aquilo que perdura, / a dor, os outeiros, o devir, / que pouco me incumbe. // Cousas hai, serenas, que amañecen: / Entender o ceo? / O misterio, aínda, soterrado». Autora duns 1.800 poemas segundo a edición canónica de 1998, apenas publicou en vida alén dalgunhas colaboracións en revistas. A súa existencia derivou progresivamente no illamento social, recluída na casa e co xénero epistolar como vía de comunicación.

A poesía de Dickinson é estraña e estrañada, composicións breves ás veces solipsistas, inzadas de elipses e que, segundo as tradutoras ao galego, lindan en ocasións coa «agramaticalidade». Son a obra radical dunha muller que sentía «un funeral no cerebro».