PATRIMONIO ESPALLADO

Os outros Pergamiños Vindel

Os outros Pergamiños Vindel
[Imaxe: SG] Biblia Kennicott
[Imaxe: SG] Biblia Kennicott  

Os azares da historia, a cobiza, os escuros circuítos do coleccionismo privado ou directamente o espolio son causas do espallamento do patrimonio galego polo mundo. Máis alá do fundacional Pergamiño Vindel existen outras pezas valiosas, algunhas en paradoiro coñecido. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 286.


1O arqueólogo Felipe-Senén (O Carballiño, 1948) publicaba o pasado decembro no Sermos Galiza dixital o artigo Espolio e exilio do Patrimonio cultural galego. No texto, Senén explicaba “un país de tesouros roubados, vendidos ou acochados de castros, torres, pazos, clausuras, cuarteis” e mencionaba unha boa restra deles. “O problema é a degradación do patrimonio, non podemos quedar no rabo de can”, engade á chamada deste semanario.

As coleccións de arte dos conventos, as pinturas que, en tempos de Fraga Iribarne como ministro franquista de Turismo, decoraron a rede de Paradores do Estado, os fondos de museos desmantelados -o Museo Eléctrico Fenosa na Coruña, por caso- ou coleccións etnográficas privadas -a de Olimpio Liste ou a de Benigno Eirís- son elementos mencionados por Senén e cuxo destino é un misterio.

O contrario é o que sucedeu con dous fitos, de orixe e traxectoria moi diferente, da cultura galega acabados de retornar -temporalmente- ao país. O Pergamiño Vindel, manuscrito medieval coas sete cantigas de Martín Codax que atopara o comerciante Pedro Vindel en 1914, estivo perdido durante anos. En 1977 adquiriuno a biblioteca Pierpoint Morgant de Nova York. O pasado ano regresaba por primeira vez ao país en que foi creado. Até o mes de marzo pode visitarse no Museo do Mar de Vigo.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 286 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x