FESTIVAIS GALEGOS

Pardiñas celebra o seu aniversario ‘cantando as corenta’

Pardiñas celebra o seu aniversario ‘cantando as corenta’
Presentación do festival de Pardiñas
Presentación do festival de Pardiñas  

‘Cantando as corenta’ será un espectáculo único co que o festival de Pardiñas celebrará as súas catro décadas de vida. Susana Seivane, Manuel Reixa, Pepe Vaamonde e Xosé M. Pereiro serán algúns dos nomes que se xuntarán nunha actuación inesquecíbel.


O festival de Pardiñas chega aos seus corenta anos, “feito único na música galega” como sinalan desde a organización, e xa están traballando na nova edición que contará na súa programación cun tamén “espectáculo único” que levará o título de ‘Cantando as corenta’.

CARTAZ LEANDROA actuación, creada de forma exclusiva para celebrar as catro décadas do festival, xorde a proposta da Asociaicón Cultural Xermolos, organizadora do propio Pardiñas.

Consistirn en tres horas de música e baile cun resumo dos fitos máis destacados da historia do festival

Consistirá en tres horas de música e baile cun resumo dos fitos máis destacados da historia do festival e, ao tempo, “cun sonoro manifesto de futuro”. Así anunciaron en rolda de prensa Alfonso Blanco en representación de Xermolos, Xosé Manuel Pereiro, Pepe Vaamonde, Sito Carracedo e Xurso Souto en nome das e dos artistas que van actuar e Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz.

‘Cantando as corenta’ xuntará no escenario de Pardiñas, en Guitiriz, unha banda de once instrumentistas formada músicas e músicos que nalgunha das edicións celebradas durante estas catro décadas actuaron no festival, e con elas e eles estarán as voces de solistas que tamén deixaron “unha pegada especial” en Pardiñas como son Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía, o gaiteiro Pepe Vaamonde, Kevin Weatherill (líder de Immaculate Fools) ou Xosé Manuel Pereiro (vocalista de Radio Océano).

As e os once instrumentistas de ‘Cantando as corenta’ levan meses preparándose para a actuación baixo a dirección do saxofonista coruñés Richi Casás quen, após actuar no festival co grupo Os Papaqueixos, ficou “unido para sempre a Pardiñas”, salientaron na presentación do evento.

‘Cantando as corenta’ xuntará no escenario artistas que nalgunha das edicións celebradas durante estas catro décadas actuaron no festival

A maioría destas artistas procede tamén da inmensa canteira de músicos e músicas que algunha vez actuaron en Pardiñas como Nacho López, guitarra e voz do Jarbanzo Negro; María Prado, trompeta de Banda Xangai; Álvaro Trillo, batería de Dios ke te Crew; Olivier Cano, saxo e frauta de Tres Trebóns; Mangüi Martín e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte-Alto; Xan Xove e Antón Díaz dos Papaqueixos.

O baile como protagonista: do pogo ao punto

Desde a organización queren que o baile cobre grande protagonismo nesta 40 edición, polo que convocan “a todas as bailadoras e bailadores do país” para achegar o seu talento e acadar en Pardiñas “a apoteose”.

Convocan “a todas as  bailadoras e bailadores do país” para achegar o seu talento e acadar en Pardiñas “a apoteose”.

Sobre o baile sinalaron na presentación que nestes corenta anos deuse unha “singular metamorfose” en Pardiñas indo “do pogo ao punto” ou, o que é o mesmo, segundo sinalaron, “do baile incontrolado, a base de choutos e empurróns á marabilla dos puntos de muiñeira, que cada vez campan máis sobre a herba do festival”. 

O espectáculo ten o seu impulso primeiro no propio talento e creatividade das veciñas e veciños de Guitiriz. Por iso en ‘Cantando as corenta’ tamén actuará a Coral, a Banda de Gaitas e mais o Bloquinho de Xermolos.

A maiores, tamén haberá un recoñecemento especial a Sito Carracedo: o luthier das portas abertas, que, ano tras ano, acolle a centos de persoas no seu taller. Na súa honra soará a estrea absoluta dunha obra dedicada ao seu invento máis famoso: ‘O peitoque’, un pequeno instrumento de percusión “capaz de erguer a maior das treboadas”.

historia pardiñasOs inicios

Un 3 de agosto de hai 40 anos a Asociación Cultural Xermolos inaugurou un dos seus proxectos máis cobizosos: o Festival de Pardiñas. Naquela primeira edición déronse cita SaraibasMaría ManuelaXoán RubiaXosé Ramón Eiriz e os grupos de Gaitas e Danzas Agarimo de Ferrol.

Ano a ano o festival foise convertendo nunha referencia para toda Galiza, até que a afluencia da xente e imposibilitou concentralo todo nun só día e optouse por alargar a programación unha xornada máis con actividades como a mostra de instrumentos de música tradicional, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos.