Unha escultura da catedral de Santiago amence con pintadas

Unha escultura da catedral de Santiago amence con pintadas
A escultura pintada de Praterías, na catedral de Santiago.
A escultura pintada de Praterías, na catedral de Santiago.  

Unha das esculturas que sosteñen a portada dereita da fachada das Praterías da catedral de Santiago amenceu esta segunda feira pintada de azul. A palabra “Kiss” e uns bigotes de gato, a imitación da banda rock estadounidense, lixan unha das figuras dos apóstolos.
 


A obra da fachada de Praterías e as esculturas da mesma datan do século XII. Ao se tratar da columna dereita da portada, que linda coa torre da Berenguela, é de mármore. A maior parte da fachada, porén, está construída en granito.

A Policía Nacional anunciou que está a investigar os sucesos. “Este tipo de actuacións son un atentado contra o patrimonio histórico-artístico, que é de todas e todos”, afirmou o Concello de Santiago de Compostela nas redes sociais, “estamos en contaco coa catedral para tomar as medidas precisas e que isto non volva acontecer”.



x