A piques de comezar a 44ª edición da Festa do Queixo

A piques de comezar a 44ª edición da Festa do Queixo
43ª Edición da Festa do Queixo
43ª Edición da Festa do Queixo  

Os días 8, 9 e 10 de marzo terá lugar a Festa do Queixo, unha feira referente na gastronomía galega. As persoas asistentes poderán desfrutar dun queixo cunha denonimación de orixe única e de diversos obradoiros e exposicións, así como de animacións de rúa e músicos no Festival do Queixo.

 


Nos últimos anos, a Festa do Queixo converteuse nunha cita imprescindíbel para as galegas e galegos. A uns días de comezar a 44ª edición dunha festa que xa se converteu nunha das máis paradigmáticas no mundo do queixo, damos a coñecer un programa que recolle actividades para todos os gustos.

Aínda que xa se confirmaran as actuacións de balde de diversos músicos no Festival do Queixo, as persoas asistentes tamén terán acceso a varios obradoiros de elaboración de queixo e obradoiros infantís os días 8, 9 e 10 de marzo.

Un queixo singular

O queixo amparado pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa elabórase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas rubia galega, frisona, pardo-alpina e os seus cruces. A zona de produción tanto do leite como dos queixos comprende os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada, de xeito que a área delimitada está no corazón da Galiza.

A denominación de orixe Arzúa-Ulloa ampara tres tipos diferentes de queixos que, desde 1989, contan coa denominación de Produto Galego de Calidade. O Arzúa-Ulloa é un queixo de pasta branda cun período de maduración mínimo de seis días. As características son similares ao Arzúa-Ulloa de Granxa, que ten a particularidade de que o leite co que se fai procede na súa totalidade das vacas da propia explotación. Ambos os queixos teñen un sabor lixeiramente salgado cun punto de acidez e aroma inicial a leite fresco mentres que a medida que madura vai desenvolvendo aroma a manteiga e matices de vainilla, nata e noces.

Por outra banda, o queixo Arzúa-Ulloa curado ten un período de maduración mínimo de seis meses. É o queixo coñecido como “queixo da nabiza” ou “queixo do ano”. O seu sabor é semellante ao da manteiga e está caracterizado pola súa dureza e por un aroma picante.

Estes queixos van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de xeito destacado a denominación de orixe e unha contraetiqueta expedida e controlada polo Consello Regulador.

Programación

Sexta feira:

18 – 23 h. 13º Concurso de tapas e petiscos ‘Festa do Queixo’: nos estabelecementos de hostalaría de Arzúa.

Sábado:

11 h. Apertura de portas do recinto feiral ‘Terra do Queixo’: no recinto feiral, con fotocol e food trucks todo o día.

11 – 13 h. Exposición do concurso de carteis 44ª edición: na Capela da Madalena.

11 – 13 h. Grupo de música e baile tradicional O Bringuelo: no recinto feiral.

11 – 12 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web.

12 h. Inauguración oficial, pregón e entrega de premios: no campo da feira.

17 – 18 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web.

18 h. 3º Festival ‘Pequequeixo’: na Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela).

19 – 21 h. Animación de rúa Sanama Bloko Samba Galego.

20.30 h. Peche recinto feiral.

21.30 h. Festival do Queixo: no Campo da feira da man de Inerttes, Los secretos, Herdeiros da Crus, Rafa Morcego DJ.

Domingo:

10 h. Apertura recinto feiral ‘Terra do Queixo’: fotocol todo o día no recinto feiral.

11 – 12 h. Obradoiro de queixo: inscrición previa na páxina web.

11 – 13 h. Animación de rúa grupo de gaitas Castro Curbín.

12 – 14 h. Animación de rúa Festicultores Troupe.

11 – 13 h. Exposición concurso de carteis 44ª edición: na Capela da Madalena.

11.30 h. 3º Festival ‘Pequequeixo’: na Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela).

12.15 h. Sesión Vermú Festival do Queixo: no campo da feira con Broken Peach.

16 – 17.30 h. Obradoiro infantil de cociña creativa: inscrición previa na páxina web.

18 h. Festival do Queixo: no campo da feira da man de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Sés.

18.30 h. Peche do recinto feiral.