Pistacatro, premio de Honra MIT 2019

Pistacatro, premio de Honra MIT 2019

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recoñece así o papel do novo circo no progreso da escena galega.


Falar de Pistacatro é falar do novo circo na Galiza. O papel desenvolvido por esta produtora e colectivo de artistas, foi fundamental para a evolución e a consolidación dun referente das artes do circo e o cabaré na cultura galega actual. A MIT quere recoñecer esa traxectoria agora que Pistacatro celebrar o seu 10º aniversario e afronta importantes retos e innovacións coma a adaptación á linguaxe circense da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín Arnoia, Arnoia ou o espectáculo Orquestra de Malabares, que se presenta nesta 35ª MIT.

Este Premio a Pistacatro Produtora de Soños, quere ser, informan desde a Mostra Internacional de Teatro, unha homenaxe e un sentido recordo tamén ao malabarista e clown Manu Lago, un dos cofundadores, xunto con Pablo Reboleiro, e unha das tristes perdas humanas para a compañía neste último ano.

Este premio, ademais, quere apontalar  “a diversidade creativa”.