'Poemar o mar', de García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil

'Poemar o mar', de García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil
O escritor Antonio García Teijeiro. Foto: Adrián Estévez.
O escritor Antonio García Teijeiro. Foto: Adrián Estévez.  

O libro de poesía para a infancia Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura do Estado español. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
 


Poemar o mar fai parte dunha trioloxía composta pola narración Palabras do mar (2016) e polo libro de poemas en castelán En la cuna del mar (2015).

García Teijeiro súmase á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a tradición do xénero na literatura galega: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas. Na actualidade, o premio está dotado con 20.000 euros.