SEXTA FEIRA 5 DE XULLO

O poeta Baixeras presenta en Foz a súa enciclopedia gastronómica

O poeta Baixeras presenta en Foz a súa enciclopedia gastronómica
O poeta Xavier Rodríguez Baixeras. Foto: cedida.
O poeta Xavier Rodríguez Baixeras. Foto: cedida.  X.M. Álvarez Cáccamo

Un Dicionario da comida galega é o último libro do aclamado poeta Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). O seu título, Do abadexo á zorza. Presentarao na libraría Bahía de Foz a sexta feira, 5 de xullo, ás oito e media do serán.
 


Publicado por Aira Editorial, cuxos editores César Lorenzo Gil e Xan Carballa estarán no acto, “é moito máis cun libro”, explican desde a asociación cultural A Pomba do Arco, promotores da cita. “Trátase dun traballo único e singular no espazo das culturas peninsulares”, engaden, “que reúne nun volume profusamente ilustrado un esforzo de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega e referencias para gorentarse con sabores e saberes”.

Rodríguez Baixeras criouse na Mariña, bisbarra á que dedicou algúns “dos seus mellores poemas”, en palabras da asociación organizadora, da que o escritor é socio de honra.