DO 7 AO 9 DE NOVEMBRO

As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz

As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz
A poeta Olga Novo. Foto: cedida.
A poeta Olga Novo. Foto: cedida.  

Tres poetas de entre os máis lidos da poesía galega actual conforman o groso da Festa da Palabra de Foz, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco e que decorrerá entre o 7 e o 9 de novembro.
 


O programa iniciaráse a cuarta feira, 7 de novembro, co recital de Lois Pérez (Lugo, 1979). O autor de Long Play (Xerais, 2017) adoita ofrecer lecturas en que música, relatos e poesía se entrecruzan nun singular espectáculo. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Cenima, o mesmo lugar e a mesma hora que todo o ciclo.

Ao día seguinta, quinta feira, 8 de novembro, haberá teatro. O grupo da Pomba do Arco intepretará unha peza baseada en Os soños na gaiola, o pioneiro libro de poesía infantil de Manuel María publicado en 1968.

Na última xornada, sexta feira, 9 de novembro, o protagonismo será as poetas Olga Novo (A Pobra do Brollón, 1975) e Ismael Ramos (Mazaricos, 1994). Trátase de dous dos autores centrais nas súas respectivas promocións. Novo, responsábel de libros como A cousa vermella (Espiral, 2004) ou Cráter (Toxosoutos, 2011), fixo parte da Xeración dos 90. Ramos é, con Lumes (Apiario, 2017), un dos poetas de referencia da última poesía galega.

Mudanza na presidencia da Pomba do Arco

A Pomba do Arco tamén anunciou a mudanza na súa dirección. Marcelino Villarino Cagiao asume a presidencia da asociación cultural focense. Xabier Grandío será secretario e Pilar Rei tesoureira.



x