QUE FACER?

A PontePoéticaPontevedra, a proposta máis lírica para a finde

A PontePoéticaPontevedra, a proposta máis lírica para a finde

  • Sexta feira

Contra os elementos
San Sadurniño
Casa da Cultura
Un documentario sobre o deporte feminino na provincia da Coruña onde se amosa a realidade das deportistas galegas. A través desta produción preténdese tamén reivindicar a proxección deportiva das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base, así como axudar a crear iconas femininas, referentes que rachan con estereotipos de xénero.

  • Sábado

Elena Setién e Amparo Arias, no Curruncho Pop
Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
20.30h
A donostiarra Elena Setién presenta o seu último disco e a galega Amparo Arias achéganos unha mestura de folkie, bossa nova e pop. 

III Ciclo de Jazz A Corte dos Bois
Sandiás
Santa Ana
21.00h
Bota a andar unha nova edición do ciclo de jazz, desta volta con Xacobe Martínez Antelo Trío, saxo tenor, contrabaixo e bateri´a. 

IX FestiVal da Maia
Bertamiráns
Casa da Cultura
20.30h
A ritmo de pandeiretas e entrada de balde, con Coribantes, Pola Corda, Ghalos do Curral, Pousos da Area e Maianas. 

Perder o medo a través da poesía
Ribeira 
Biblioteca Pública Municipal 
12.00h
María Canosa achéganos un conxunto de poemas para rachar cos medos que normalmente afectan a infancia (escuridade, treboadas, pallasos, médicos...).

  • Domingo

 

Pablo Díaz e Tic Tac Toc
Boqueixón 
Casa da Cultura de Camporrapado
18.00h
Concerto familiar especialmente indicado para crianzas de 0 a 7 anos, con Pablo Díaz acompañado polas guitarras de Diego Barral e Álex Fente ao acordeón.

Os amos do mundo
Sada
Casa da Cultura Pintor Lloréns
20.00h
Un espectáculo teatral a cargo da compañía Bucanero. Ricos e non tan ricos, explotadores, triunfadores e fracasados conviven nesta comedia.  

  • Toda a finde

PontePoéticaPontevedra 
7-9.04.2017
Recitais, obradoiros e encontros. A sétima edición do festival Internacional de poesía de Pontevedra xuntará autores galegos e internacionais, como Berta Dávila, Grazyna Wojcieszko, Antón Lopo, Ana Romaní ou João Luís Barreto Guimarães. Na programación destacan dous obradoiros literarios: de narrativa con Andrés Neuman, e de poesía con Bernardo Atxaga