EFEMÉRIDE

As pontes da Galiza coa Habana

As pontes da Galiza coa Habana
[Foto: cedida] Foto da chegada de emigrantes ao porto da Habana
[Foto: cedida] Foto da chegada de emigrantes ao porto da Habana  

O Consello da Cultura Galega revisa cun congreso, unha exposición e un concerto a conexión galega coa Habana.


O Consello da Cultura Galega revisa o vínculo histórico da Galiza coa Habana cun programa de actividades a quinta feira 7 de novembro en Santiago de Compostela, conmemorando os cinco séculos da capital cubana.

Pola mañá terá lugar o congreso “A Habana galega: Historia e memorias cruzadas”. Ás 19 horas o Museo do Pobo inaugura a exposición “O soño cubano da emigración galega”, que recupera a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega na capital cubana. Xa na noite, as muiñeiras e danzóns inundarán o Auditorio da Galiza na foliada habaneira que dará comezo ás 21 horas, con Alejandro Vargas Trío e Rosa Cedrón.

O programa chega á capital galega após arrincar na Habana o pasado mes de outubro. Galiza lembra que esta cidade foi a segunda do mundo con máis habitantes galegos, só superada por Bos Aires. Foi ademais caldo de cultivo da nosa intelectualidade, cunha efervescencia cultural que, alén de títulos e iniciativas de comezos do século XX, deixou tres símbolos que marcan a nosa identidade: a bandeira, o escudo e o himno.