QUE FACER?

Pontevedra acolle "[email protected]", actividades de lecer para crianzas

Pontevedra acolle "[email protected]", actividades de lecer para crianzas
Unha actividade de Mundonen@s
Unha actividade de [email protected]  

[email protected]

Pontevedra
Recinto Feiral
Toda a fin de semana

Trátase do IV Salón da Familias “[email protected]”, un espazo de exposición feiral, actividades de lecer para crianzas, conferencias, contacontos, obradoiros e máis.

Commedia

O Barco de Valdeorras
Teatro Lauro Olmo
Sexta feira
21.00h

Commedia é a última peza teatral de Contraproducións, a actualización dun espectáculo xa clásico e pioneiro que acabou sendo un dos fitos do teatro galego nos anos 90.

Da avaricia, a luxuria e a morte

Ames
Casa da Cultura de Bertamiráns
Sexta feira
21.00h

Teatro do Noroeste propón esta singular adaptación de Valle-Inclán na que se xuntan tres autos imperdíbeis, “Ligazón”, “A cabeza do Bautista” e “A rosa de papel”.

Os Danzantes dos Reis

Compostela
Centro Sociocultural de Sar
Sábado
12.00h

Os Danzantes dos Reis dou nunha fiestra aberta ás “danzas brancas” da parroquia de Riofrío, en Mondariz. Trátase dun volume no que converxen fermosas fotografías sobre os danzantes de Reis, tiradas por Eutropio Rodríguez, e textos que exploran canto alí acontece, da man de Alba Cid. O centro sociocultural de Sar acolle o sábado 19 de xaneiro, ás 12 horas, unha charla co propio Eutropio Rodríguez para coñecer máis segredos desta tradición.

Hansel e Gretel

Centro Cultural e Xuvenil
Muros
Sábado
18.00h

Da man de Avento Producións Teatrais recuperamos para as artes escénicas este clásico recollido polos irmáns Grimm e destinado ao público infantil.

Eroski Paraíso

Pontevedra
Auditorio Sede Afundación
Sábado
20.30h

Chévere continúa colleitando éxito co seu Eroski Pasaíso, unha peza imprescindíbel do teatro galego actual xa galardoada en diversas ocasións.

Familias completas, familias incompletas

Carballo 
Pazo da Cultura 
Até 31 de xaneiro

O ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta aloxa este mes no Pazo da Cultura de Carballo a exposición fotográfica “Familias completas, familias incompletas”, do fotoxornalista Sergi Cámara. Trátase dunha colección de instantáneas inéditas feitas a familias de refuxiados sirios chegadas á illa grega de Lesbos.

Territorios de intimidade

Compostela
Auditorio de Galiza
Até 3 de febreiro 

Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975 é unha exposición comisariada por Rosario Sarmiento sobre 13 artistas galegas, algunhas inéditas, e máis de 70 obras e documentación que as contextualiza.