NO FRIULI DO 15 AO 30 DE NOVEMBRO

O pop de Ataque Escampe representará Galiza no festival Suns Europe das artes en linguas minorizadas

O pop de Ataque Escampe representará Galiza no festival Suns Europe das artes en linguas minorizadas
O grupo Ataque Escampe. Foto: Suns Europe.
O grupo Ataque Escampe. Foto: Suns Europe.  
É unha das máis veteranas bandas en activo da música galega e en galego, ao bordo das dúas décadas. A súa proposta é cadora máis mestiza: pop, soul, incursións na cumbia, trazos dub, algún ritmo krautrock. Ataque Escampe erán as representantes da Galiza no festival Suns Europe das artes en linguas minorizadas, que este ano decorrerá no Friuli entre o 15 e o 30 de novembro.

A canción seleccionada é Arder, que xa fora sinxelo de avance do seu Disco vermello (2014). Trátase dun pop rock de aire americana ilustrado cun videoclip dirixido por Mar Catarina.

 

“Para todos os que non aman a pureza, os Ataque Escampe son unha das formacións máis eclécticas e visionarias da escena musical galega”, afirma a organización do Suns Europe nun comunicado.

A final do encontro de Friuli será o 30 de novembro no Teatro Giovanni de Udine. Polo escenario pasarán ademais das Ataque Escampe propostas musicais sardas, vascas, galesas, occitanas ou friulanas.

O certame organízao cada ano a cooperativa Información Friulana, co apoio da Rexión Autónoma Friúli e a colaboración de organismos como o etxepare Euskal Institutua, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou o Babel Film Festival de Sardeña.