O Premio Rafael Dieste de teatro incluirá a montaxe da obra gañadora

O Premio Rafael Dieste de teatro incluirá a montaxe da obra gañadora
Cesáreo Sánchez e Goretti Sanmartín
Cesáreo Sánchez e Goretti Sanmartín  

O Premio Rafael Dieste de textos teatrais incluirá a montaxe da obra gañadora, tal e como anunciou a Deputación da Coruña logo dunha xuntanza coa AELG.



Na xuntanza entre a vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, confirmouse a incorporación como novidade nas bases do Premio Rafael Dieste na súa nova edición a  representación da obra gañadora, como fora suxerido tamén pola AELG. 

“Incluír a montaxe da obra nas bases do premio de textos teatrais responde á  aposta polas obras de teatro galego contemporáneo, unha das demandas de autores e autoras do xénero”, explicou Sanmartín. Desde a AELG tamén solicitaron que o premio Rafael Dieste tivera uha periodcidade anual o que a Deputación se comprometeu a estudar.