PREESTREA EN COMPOSTELA DA MINISERIE

Primeira ficción audiovisual sobre Rosalía de Castro

Primeira ficción audiovisual sobre Rosalía de Castro
Rosalía de Castro interpretada pola actriz Melania Cruz.
Rosalía de Castro interpretada pola actriz Melania Cruz.  Foto: Xurxo Lobato

A primeira versión audiovisual en ficción da vida de Rosalía de Castro, Contou Rosalía, preestréase esta sexta feira en Compostela. Trátase dunha miniserie sobre a estadía madrileña da poeta coa actriz luguesa Melania Cruz no papel da autora de Follas Novas.
 


Zenit Televisión produciu Contou Rosalía para a TVG. Dirixiuna Zaza Ceballos con guión de Raúl Veiga. Ademais de Cruz, participan actrices como Ledicia Sola, Tamara Canosa, David Perdomo, Fran Lareu -que intepreta a Manuel Murguía- ou Celso Parada.

 

A serie está ambientada no Madrid de mediados do século XIX, onde a escritora o seu primeiro libro, La Flor, e onde casou con Manuel Murguía. A produtora Zenit traballou antes ficcións sobre figuras como Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Concepción Arenal.

 

A preestrea de Contou Rosalía será esta sexta feira, 11 de maio, no Auditorio de Galiza de Compostela ás sete e media do serán.



x