AXENDA

Propostas para a fin de semana

Propostas para a fin de semana

Castelao. Construtor da Nación

Compostela

Museo do Pobo Galego

6.6.2019

19.30h

O Museo acolle a presentación do monumental libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da Nación, editado por Galaxia e o Consorcio de Santiago.

Sete falares

Pontevedra

Diversos espazos

6-9.6.2019

Arranca o Encontro Internacional de Contadores de Historias que, como cada primavera, enche de narración oral a cidade do Lérez.

III Festival de Música Galego-Portuguesa

Cedeira

Auditorio Municipal

6-9.6.2019

«Traz também outro amigo» é o lema deste festival que procura estreitar os laços com o país vizinho através da música, poesia, palestras, ateliês e a constituição pública da Rede da GaliLusofonía.

Francisco Varela Garrido e o republicanismo mártir da comarca

A Estrada

Museo do Moble da Estrada

7.6.2019

20.30h

Co gallo do día da memoria da Estrada, no que se conmemora o fusilamento do alcalde e outros membros da corporación estradense, cada ano a Asociación Cultural “Vagalumes” organiza un acto-homenaxe. Desta volta prestarase atención ao dirixente do republicanismo da comarca, o cerdedense Francisco Varela Garrido cun acto que se realizará na sexta feira 7 de xuño, ás 20.30h, no salón de actos do MOME no que intervirá o xornalista Fernando Salgado, neto e autor do libro sobre este líder de Izquierda Republicana “1306/36”.

Dedalus en Compostela

Compostela

Praza da Quintana

7.6.2019

18.00h

A Agrupación Cultural O Galo organiza para esta sexta feira 7 de xuño, dentro da Semana do Libro de Compostela (SELIC), o roteiro ‘Dedalus en Compostela’, inspirado no relato de Risco de mesmo título e publicado en 1929 na revista Nós. O percorrido será guiado por Richard Rivera e iniciará ás 18h. na porta da SELIC, instalada na praza da Quintana. As prazas son limitadas e para asistir cómpre inscribirse no enderezo electrónico [email protected]

XIII Festival Millo Verde

Cesantes

Praia de Cesantes

Até 8.6.2019

Amplía a programación e, ademais dos concertos de Goddamn Gallows, Ghetto Kumbé ou Fémina, entre outros, tamén contarán con proxeccións de filmes, charlas e obradoiros.

Expo Amarantino

Allariz

Fundación Vicente Risco

8.6.2019

A Fundación Vicente Risco, em Allariz, acolhe a inauguração da exposição composta por 18 obras premiadas, resultante da quarta edição do Concurso de Fotografia Ilustre Amarantino 2019 que teve como tema o político António do Lago Cerqueira, uma personalidade de destaque no Partido Democrático e que serviu de inspiração a todas as pessoas participantes, neste concurso de fotografia, no ano de 2019.

Tempos para compartir

San Sadurniño

Casa da Xuventude/Xardíns do antigo Pazo da Marquesa

8.6.2019

11.00h/17.00h

Dentro do programa Tempos para compartir, ofrécense estes dous obradoiros: un de Disciplina positiva, dirixido a nais e pais, e outro de Introdución ao mindfulness.

Rexenera Fest

Carballo

Auditorio Fórum Carballo

8.6.2019

17.00h

No marco do Festival Internacional de Arte Pública de Carballo terá lugar un ciclo de microconferencias, un foro sobre experiencias, filosofía e traxectoria neste campo.

Unhas gafas como as do avó

Lugo

Auditorio Municipal Gustavo Freire

9.6.2019

18.30h

Trátase dun espectáculo teatral en lingua de signos e tamén lingua oral a cargo de Caxoto Contacontos, destinada ao público infantil.