Que facer esta fin de semana?

Que facer esta fin de semana?
Iria Pinheiro.
Foto de Olaia Sendón
Iria Pinheiro. Foto de Olaia Sendón  

Mulleres con voz

Pontevedra

Teatro Principal

8.3.2019

21.00h

“Trala marcha, iremos ao Teatro” convoca este acto reivindicativo e sen ánimo de lucro as voces de poetas, escritoras e creadoras como Tamara Andrés, Baia Fernández, Carmen Quinteiro ou Adela Martínez, entre outras.

Anatomía dunha serea

Vigo

Auditorio Municipal

8.3.2019

22.00h

Iria Pinheiro, Chévere, propón en “Anatomía dunha serea” unha peza de teatro documental sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz como muller, nai e vítima da violencia obstétrica.

Mulleres sen cancelas

A Coruña

Obelisco

9.3.2019

12.00h

Desde o Obelisco a María Pita, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda propón con “Mulleres sen cancelas” un roteiro para coñecer a historia que agochan as rúas coruñesas sobre aquelas mulleres singulares que abriron camiños. Así, para este sábado 9 de marzo, serán as mulleres singulares do presente como Margarita Ledo, Carme Adán, Najla Shami, Mabel Rivera, Susana Seivane ou Luz Pozo Garza, entre outras, as que lembren as pegadas do pasado.

Festival "Mulleres que Transforman Realidades"

A Coruña

Praza de María Pita

9.3.2019

20.30h

Coas actuacións de Brassica Rapa, Mounqup, Xiomara Fortuna, Marinah (Ojos de Brujo) e Pussy Riot. O Festival contará cun Punto Violeta (espazo de sensibilización, prevención e asesoramento ante as violencias machistas).

Son galego, son cubano

Vilagarcía de Arousa

Auditorio Municipal

9.3.2019

21.00h

Considerado o maior espectáculo musical entre Galiza e Cuba, Roi Casal conta e canta dun modo moderno e actual a histórica relación que tanto une os dous países.

Enredadas

Compostela

Auditorio de Galiza

9.3.2019

20.30-22.30h

Carmen París, Martirio, Ugia Pedreira e Uxía estarán acompañadas por Sérgio Tannus e Marcos Teira nun espectáculo imperdíbel ao ritmo de coplas e alalás.

En concerto

A Coruña

BâBâ Bar

9.3.2019

22.00h

César Morán en concerto con Berto e Pablo Morán nas percusións, guitarras, baixo, ukelele... Un espectáculo con temas dos dous últimos discos, adiantos do material inédito e mais sorpresas no escenario!

Tecido Resistente

Outeiro de Rei

Casa-museo Manuel María

9.3.2019

20-21.30h

A Casa-Museo Manuel María acolle a proxección e coloquio de “Tecido Resistente”, o documentario co que Marina Chiavegatto gañou, en 2018, o I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña. A peza recupera a historia de centos de mulleres que protagonizaron “unha silenciosa revolución” en Présaras (Vilasantar) nos primeiros anos do século XX. Será este sábado 9 de marzo, de 20 horas a 21.30 horas.

Markeliñe

Pontevedra

Teatro Principal

10.3.2019

12.00h/ 18.30h

Euria (chuvia) é un espectáculo de danza infantil que chega a Galiza da man da compañía vasca Markeliñe e que nos fala do que nos pasa cando algo ou alguén que queremos xa non está.

Exposición de testemuñas audiovisuais

A Coruña

Biblioteca Municipal Ágora

Até 23.4.2019

Vén de inaugurarse a mostra “A saia da raíña. Mulleres galegas enloitadas no século XXI”, unha exposición que xunta fotografía e audiovisual recollidos pola artista Rita Más nas aldeas e cidades galegas. Son as mulleres as propias protagonistas que falan e dan voz ás desigualdades, ás vidas e ás familias en relación ao loito. A exposición estará dispoñíbel na Biblioteca Municipal Ágora, da Coruña, até o 23 de abril.



x