QUE FACER?

O teatro reina na fin de semana

O teatro reina na fin de semana
Un momento da montaxe de O'Rei
Un momento da montaxe de O'Rei  


Ópera en directo

Compostela
Palacio de Congresos
Sexta feira
20.30h

A ópera A Traviata, de G. Verdi, será interpretada en directo por Laura Alonso, Carlos Alberto Velázquez e Igor Makarov.

Vértice de Versos

A Coruña
Centro Ágora
Sexta feira
20.00h

O Centro Ágora da Coruña acollerá na sexta feira 15 de febreiro, ás 20.00h, a proxección e coloquio do documentario Vértice de Versos, unha longa sobre as tres últimas décadas de poesía galega. No acto participará o seu director, Carlos Lorenzo, continuando coa proxección da longametraxe e un coloquio co público moderado por Mercedes Queixas e no que ademais participarán as poetas Yolanda Castaño, Emma Pedreira e Miguel Anxo Fernán Vello. 

Na maleta da avoa

Outeiro de Rei
Casa Museo Manuel María 
Sábado
18.00h

Na Maleta da avoa viaxan contos, lendas, monicreques, obxectos. Transpórtaa Raquel Queizás e levaraa á Casa Museo Manuel María. Este espectáculo de narración oral diríxese ás crianzas -a partir de tres anos- e ás súas familias. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo e moitos tesouros.

Baobab Teatro

A Rúa
Centro Cultural Avenida
Sábado
18.00h

Pum pum é unha obra de teatro infantil para crianzas a partir de 5 anos que fala de historias cotiás a través de monicreques, teatro de actor, máscaras e sombras.

Casa O´Rei

Narón
Pazo da Cultura
Sábado
20.00h

Logo de "O Furancho" e "Raclette", Ibuprofeno Teatro pon en escena este texto de Santiago Cortegoso, un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rey Lear" de W. Shakespeare. 

VI Ruta Cultural

Vilalba 
Casa da Cultura
Domingo
9.15

O Instituto de Estudos Chairegos organiza a visita en Compostela a dúas exposicións imprescindíbeis de Castelao: Alba de Gloria e Castelao Maxistral. 

Aguratrat

Pontevedra
Teatro Principal
Domingo
12.00h 

Pérez&Fernández presenta Aguratrat, dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, adaptación do libro “Esio Trot” de Roal Dalh.

Berrobambán

Narón
Pazo da Cultura
Domingo 
18.00h

Adeshoras é unha obra de teatro infantil na que Paula Carballeira e Nuria Sanz voltan á linguaxe visual e ao humor sen palabras que lle valeu o recoñecemento internacional. 

XV Certame de artes plásticas Isacc Díaz Pardo

Carballo
Pazo da Cultura
Até 6 de marzo

Dentro da programación dos Venres Culturais, o Pazo da Cultura de Carballo acolle até o seis de marzo a exposición das obras seleccionadas na XV edición do Certame Isacc Díaz Pardo, un referente nas artes plásticas de Galiza organizado pola Deputación da Coruña. A mostra xunta máis de 25 pezas de pintura, escultura, gravado, collage, videocreación etc. Un escaparate das tendencias da arte actual.
 


 



x