ESTREA DO VÍDEOCLIP

Quedaches sen nada: a balada soul de Rodrigo Ramos e Guadi Galego

Quedaches sen nada: a balada soul de Rodrigo Ramos e Guadi Galego
O músico e compositor Rodrigo Ramos. Foto: María Ferradás.
O músico e compositor Rodrigo Ramos. Foto: María Ferradás.  

Unha balada de soul satinado sobre amores difíciles, conducida por piano eléctrico, é o primeiro adianto de Sol de Invierno, o segundo disco de Rodrigo Ramos. Titúlase Quedaches sen nada e acompáñao á voz Guadi Galego. Esta sexta feira, 31 de maio, estrea o seu videoclip, dirixido por Jairo Moreno e protagonizado por Paloma Saavedra.
 


Quedaches sen nada será o avance do segundo disco en solitario de Ramos. “Personalidade e forma de compor sen ningún tipo de complexo”, explica a discográfica, Rock Estatal Records, nunha nota, en que fala de “folk, pop e rock & roll”.

Logo de pasar por diferentes proxectos colectivos, Ramos iniciou carreira en solitario en 2015. Dous anos despois publicaba o seu primeiro traballo, Miraban Albas. Sol de Invierno, o segundo, sairá á venda despois do verán.