SÁBADO 11 DE MAIO

Queizán, Teresa Horta e Fernández Maira, premios honoríficos na Gala do Libro

Queizán, Teresa Horta e Fernández Maira, premios honoríficos na Gala do Libro
O Teatro Principal de Compostela. Foto: cedida.
O Teatro Principal de Compostela. Foto: cedida.  

A Gala do Libro non só debuxan o panorama literario do ano. Tamén recoñece traxectorias e entrega dous premios honoríficos e a distinción Escritora Galega Universal. Nesta edición, as sinaladas son a escritora María Xosé Queizán, o libreiro Antonio Fernández Maira e a autora portuguesa Maria Teresa Horta.
 


María Xosé Queizán, novelista, poeta e ensaísta, recibirá o galardón honorífico da Asociación Galega de Editoras. O premio recoñece tamén a feminista e a editora, como directora da colección As Literatas en Edicións Xerais. A Federación de Librarías de Galiza, pola súa banda, outorgan o seu premio de honra a Antonio Fernández Maira, da Libraría Lucus e histórico presidente da Agrupación de Libreiros de Lugo. Foi ademais promotor dos premios Irmandade do Libro, que dirixu 24 anos.

A Escritora Galega Universal será este ano Maria Teresa Horta (Lisboa, 1937). Poeta e narradora, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) tamén valora “a súa incontestábel defensa feminista dos dereitos civís, sociais e culturais”.  Horta sucede no palamrés á catalá Isabel-Clara Simó- O palestino Mahmud Darwix, o angolano Pepetela ou o arxentino Juan Gelman.

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá este sábado 11 de maio a Gala do Libro, en que se coñecerán as obras gañadoras nas diferentes categorías. Os premios organízaos a AELG, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Libreiros. Contan co apoio da Xunta, o concello e a Deputación da Coruña.