Cúmprense 15 anos da actual produtora Nós e 40 da histórica 

Cúmprense 15 anos da actual produtora Nós e 40 da histórica 
Socias e socios no ano 2000
Socias e socios no ano 2000  

Nós Produtora Cinematográfica Galega está de dobre aniversario: por unha banda celebran os 15 anos da súa fundación e, pola outra, os 40 da creación de Nós Cinematográfica Galega que fora fundada polo cineasta Carlos Varela. 


En novembro do 2000 nacía unha produtora co mesmo nome, que recollía os mesmos principios e con algunhas das personas que xa formaran parte da orixinal. “Renacía” Nós. Quince anos despois, os froitos son claros: sete filmes documentais, unha ficción, reportaxes televisivas e tres series de programas para a TVG (en emisión, 'Familia de Oficio'). Entre elas, algunhas tan significativas 'Santa Liberdade' ou 'Liste pronunciado Líster', de Margarita Ledo. 

A antiga Nós nacía un 7 de febreiro de 1976 da man do cineasta Carlos Varela Veiga xunto a outras persoas nunhas xornadas de cine de Ourense. Desa produtora xurden iniciativas como o concurso de guións de ficción cinematográfica do que Manuel María gaña o primeiro premio con “Abril de Lume e Ferro”. 

Para celebrar este aniversario a empresa anuncia varios proxectos: a recuperación deste guión de Manuel María que trata a historia dos mártires de Carral e que dirixirá Xosé Luís Ledo Andión; e o documental “Nación” que está a realizar Margarita Ledo.