A Radio Galega elimina o programa ‘Diario Cultural’ após 28 anos en antena

A Radio Galega elimina o programa ‘Diario Cultural’ após 28 anos en antena
Ana Romaní (Foto: CRTVG)
Ana Romaní (Foto: CRTVG)  

O programa conducido por Ana Romaní era todo un referente na información cultural. Desaparece co formato actual.


O Diario Cultural tal e como se coñece desde hai 28 anos -cando se comezou a emitir- desaparece. Deixa de existir. Esta é a denuncia que fai Concha de la Fuente, produtora do programa, a raíz da xuntanza do Comité Intercentros en que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. Esta comezará o 10 de setembro. O informativo cultural emblemático dos medios públicos ten pois data de caducidade.

Recoñéceo De la Fuente en conversa con Sermos Galiza: “Din que agora van facer algo transversal, en todas as franxas horarias, con bloques informativos de cultura”, indica, mais, asegura, o certo é que o Diario Cultural como se coñece desde hai case tres décadas, morre, Ficará a marca, mais non o contido nin o espírito. "Tíñanlle gañas", india unha fonte da propia compañía en referencia a que desde a dirección non se apostaba no formato actual.

Diario Cultural levaba case tres décadas tomando o pulso á realidade cultural galega. Conducido por Ana Romaní -poeta e académica numeraria da RAG-, o programa é todo un referente no espazo cultural do país.



x