Rafa Vilar gaña o Pura e Dora Vázquez de narración infantil con 'Os outros oficios'

Rafa Vilar gaña o Pura e Dora Vázquez de narración infantil con 'Os outros oficios'
O escritor Rafa Vilar. Foto: cedida.
O escritor Rafa Vilar. Foto: cedida.  

O escritor Rafa Vilar é sobre todo coñecido pola súa obra poética, conformada por unha ducia de títulos para adultos e tres para lectorado infantil. Agora vén de gañar o XVI premio Pura e Dora Vázquez de Narración Infantil e Xuvenil da Deputación de Ourense con Os outros oficios.


“Trátase dun texto excepcional desde o punto de vista literario, con moito coidado da prosa e con relatos que amosan un gran coñecemento da lingua”, afirmou o xurado, composto por José Manuel Fernández, Mario González, Carlos Rodríguez e Isabel Mociño, “é unha obra con gran potencialidade para públicos moi amplos, de fácil e agradábel lectura, ademais de ser didáctica”.

Os outros oficios supón ademais “unha galería de retratos que mesturan ben o xogo imaxinativo e adáptase para ser ilustrada”. O galardón está dotado con 1.500 euros.

Entre as obras más salientábeis de Vilar (Cee, 1968) atópanse os libros de poemas A sotavento dunha singradura (Espiral Maior, 1995), Casa ou sombra (Xerais, 1997), Erosións (Victoriano Taibo, 2017) ou, para cativos e cativas, Patente de corso (Embora, 2012).